04/07/10

Ramiro Recouso SL, con el o nacionalismo voou


Tócalle turno a Ramiro Recouso, pai político en Ordes de Gonzalo Castro. Vinculado tamén á UPG, o “histórico dirixente” do BNG local tampouco conseguiu sair da etapa do bipartito sen importantes manchas no seu expediente moral. Unha trama nas adxudicacións da xestión dos centros comarcais a Cristín, e o conseguinte protesto da CIG, púxoo no ollo do furacán.
No 2006 o BNG quixo substituir Ferroser, a empresa que xestionaba até entón os Centros Comarcais, pola empresa “da casa” Asesoría Cristín SL. Ramiro Recouso dimitira da política local un ano e medio antes para dedicarse totalmente á súa faceta empresarial. A empresa Viaxes Cristín multiplicara por dez a súa facturación desde 2004: todos os billetes de avión para viaxes de membros do goberno do BNG e cargos do partido eran comprados a Cristín.

A adxudicación a Cristín dos centros comarcais deixaba na rúa a moitos traballadores cualificados e de longa traxectoria, polo que a CIG denunciou a operación, defendendo a continuidade dos mesmos ata que se realizase un concurso público. CIG-Servizos insistía que a adxudicación carecia de transparencia no proceso selectivo, pois nen existía un tribunal para avaliar o proceso. Un total de 11 persoas, 6 delas militantes coñecidos do BNG, ian ser contratadas. A presión sindical conseguiu finalmente anular a concesión á empresa vinculada a Ramiro Recouso, e declarar ilegais os despidos. Lástima, debeu pensar Ramiro, pois cada un dos centros comarcais que puder xestionar facilitaríanlle 145.000 euros para gastos, dos cales entre 55% e 60% en persoal. É ben curioso que o capital social da empresa equivalía a perto do 50% dos orzamentos previstos para cada unha das concesións que esperaban.

É ben sospeitoso que unha empresa sen infraestruturas nen capacidade financieira suficiente, pase a xestionar varios Centros Comarcais (Deza, Salnés, Ulloa, Carballiño, Ribeiro e Celanova), multiplicando coas concesións o seu capital social. Trátase, como no caso de Carrumeiro Media, dunha empresa creada ad hoc para vivir da administración pública, que non tiña ningunha experiencia no sector, e que multiplicaría a súa facturación dos 161.000 euros anuais a 298.000. Ademais, o director xeral de Desenvolvemento Rural non explicou cales foran os méritos alegados pola empresa, nen os prezos ofertados por esta.

Máis información:

http://www.novasgz.com/pdf/ngz47.pdf (páx.12)
http://www.novasgz.com/pdf/ngz70.pdf (páx.12)
http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2006/11/30/5332388.shtml

30 comentários:

  1. Así está o nacionalismo ordense! Vaia dous cabezas de lista... E aínda vos falta falar de Óscar Martínez, amiguísimo de Gonzalo, o que presumía de lle estrear o BMW. O elemento ese, que foi responsable local, chimpárono de Vieiros. É coñero, que o fracaso de Gznacion.com e a mala situación económica de Vieiros teña como protagonistas a dous ordenses. Manda carallo! Sempre destacando polo malo... Pero así vos vai eh, vos contade con gañar as municipais, contade... Unha panda de trepas que só pretenden lucrarse, e se rodean para iso da mediocridade máis absoluta. Nen nacionalistas son, nin moito menos comunistas. Son uns trepas.

    ResponderEliminar
  2. jajaja
    anda nn m fajas rir xaval!!!
    k eu saiba...oscar nn e un alto cargo no bng!!
    es un flipado os problemas persoais solucionaos falando kon oscar e nn criticando...cobarde!!!!
    x certo cristin kreo k nn e de ramiro nn^¿?
    nn sera dos da farmacia¿?
    so e un apunte
    bkñs e sejide nesa liña...k xa se viu k a vos o k vos funciona e falar sen saber

    ResponderEliminar
  3. Onde pon que Óscar sexa un alto cargo do BNG? E noooo, Ramiro con Cristín non ten naaaada que ver...

    ResponderEliminar
  4. A vosa teima coa UPG estavos descubrindo. Todo o mundo sabe que Ramiro non é militante da UPG. Pero vos quixerades que si, porque? Porque non sodes nin independentes nin nada polo estilo. O voso problema é que como non tedes nada que facer para facervos co control do BNG de Ordes porque non hai no BNG de Ordes quen vos poida ver, algo normal xa que non hai quen vos poida ver no pobo, utilizades este blog para desprestixiar á xente que está traballando no BNG de Ordes. Primeiro foi Gonzalo e agora Ramiro. Cal será o seguinte?.
    Xa non engañades a ninguén. Está ben clariño quenes sodes e cal é a vosa intención.

    ResponderEliminar
  5. Interesante artigo.

    http://www.terraetempo.com/artigo.php?artigo=581&seccion=4

    ResponderEliminar
  6. O sábado un destacado dirixente do BNG de Ordes díxome que os administradores do blog renovarobng.blogaliza.org sabían quen estaba detrás do blog marcosdaportela.blogspot.com e que supostamente Gonzalo Castro xa sabía tamén quen era.

    O que máis me chamou a atención é que esta persoa díxome que ela non sabía quen estaba detrás do blog do subcomandante porque Gonzalo non lle quere dicir a ninguén quen é.

    O que me dixo está persoa é que Gonzalo tiña esa información gardada e reservada por si necesitaba utilizala nalgún momento.

    Agardo impaciente por esa información, pode ser un bombazo.

    ResponderEliminar
  7. Felicidades polo artículo, mañán vou tomar café con Astray, quedara con el na pulpeira pero xa vou a outro sitio que vexo que en Órdenes hai moito espionaxe. Sabe diós quen é o Marcos da Portela este. Pero unha cousa, o tipo é un fenómeno. Puxo a política de Ordes a ferver, e eso que ainda falta moito para as elecións. Eu non sabía esta información que saliu neses periódicos, e gracias porque mañán xa teño moito de que falar con Astray.

    ResponderEliminar
  8. Con Astray?. Que che diga o porque do seu silencio nas cacicadas de Regos.

    A xente está moi interesada en saber porque Astray defende ao cacique de Regos despois de poñelo a parir toda a vida.

    ResponderEliminar
  9. Porque Astray e Regos sonche igualiños. Sonche bos socios.

    ResponderEliminar
  10. Para min un blog que nos estivo mentindo durante un mes, intentando ocultar que tiveran que rectificar a información publicada sobre Gonzalo porque non era certa xa perdeu todo o respeto.

    Como carallo queredes que vos leamos e vos creamos se nos estivestes engañando durante un mes?

    Desde o 11 de xuño que Gonzalo vos enviou o correo coa petición de rectificación o único que fixestes foi marear a perdiz e mentirnos a todos os que vos leiamos para non recoñecer que publicarades unha rectificación.

    E agora sacades non sei que rollo de Ramiro para despistar.

    A quen queredes engañar. Este blog para min xa morreu.

    Despois de engañarnos durante un mes, eu xa non vos creo nada.

    ResponderEliminar
  11. Unha puntualización. Sobre o anonimato mantivemos desde o principio a mesma postura. A quen non lle gustase que non entrase no blog. A postura do BNG de Ordes cando Santiagossiete nos botou en cara o tema do anonimato foi a seguinte:

    "Expresamoslles o noso absoluto apoio e solidariedade, diante dun ataque á liberdade de expresión que resulta totalmente inadmisíbel e que pon de manifesto o grande deficit democrático que existe na comarca de Ordes.

    "Poñemonos á súa disposición para realizar as actuacións que sexan precisas para garantir o exercicio do dereito que teñen a informar e opinar libremente de cuestións políticas e sociais relacionadas coa nosa comarca. Consideramos que todos os cargos públicos deben aceitar as críticas e opinións da cidadanía como algo esencial no exercicio dos máis elementais dereitos democráticos, porque por riba de calqueira outra consideración, o que debe primar é o dereito dos veciños e veciñas do nosa comarca a recibir información e a opinar libremente sobre a mesma.

    [...]

    Queremos felicitalos pola posta en funcionamento deste blog informativo e animámolos a seguir traballando para facer chegar información aos veciños e veciñas de Ordes e a súa comarca. Contan coa nosa expresa vontade de colaboración para este cometido."

    (Non publicamos a nota íntegra por respetar o desexo do BNG de Ordes). Evidentemente, agradecémoslle no seu día ao BNG esta mostra de apoio que nos brindou.

    Pero a postura de Gonzalo Castro sobre o noso anonimato agora é esta:

    "Sorpréndeme a súa obsesión por permanecer no anonimato, e sen pretender polemizar, teño que dicirlles que na miña época de militancia nos Comités Abertos de Facultade (CAF), ou na Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), denunciábamos numerosas inxustizas e práticas rechazábeis sen utilizar o anónimato, o que provocou que tivesemos que soportar numerosas presións, mais eramos conscientes de que era a única forma de que as denuncias tivesen credibilidade e gozasen de lexitimidade diante da sociedade."

    Sorprendente cambio de opinión? Cada quen que saque as súas conclusións.

    ResponderEliminar
  12. Astray esta a traballar en saber quen é o Subcomandante por mandato da sua XEFA Silva,¡ que baixo caeu Astray, quen o diria fai tres anos!!!!

    ResponderEliminar
  13. Para o anónimo: 6 de Julho de 2010 02:37

    A túa grave incongruencia comeza dicindo que xa non lees o blog. Machiño, xa me dirás entón como publicas o comentario?

    Cada vez que insistades coa boca pequena que Gozalo quedou coma un rei, máis nos decatamos que non tendes a razón.

    ResponderEliminar
  14. Ao último anónimo: Ji, ji, ja, ja. Agora que xa algunha xente sabe quen é o subcomandante, xa se empeza a entender todo.

    Que pena. Recurrir a internet para dicir o que non te atreves a dicir noutro sitio.

    ResponderEliminar
  15. Subcomandante. Opinar é unha cousa, aqui todo o mundo o fai, e debatir ou facer unha entrevista é outra. Iso é o que che está dicindo Gonzalo por se non te enteraches. Un debate ou entrevista non pode ter lugar se unha das partes é anónima, ti onde viches a alguén debatir con un anónimo?. Nos debates dase a cara polas dúas partes.
    Gonzalo nos correos non che está dicindo que non poidas escribir ou opinar o que queiras, só che está dicindo que o que non concede é unha entrevista a un anónimo, nin debatirá tampouco cun anónimo, o cal e normal e lóxico. Incluso comprométese a non revelar a vosa identidade e ainda así non queredes quedar con él? Que tedes que esconder?
    Ao que non respondedes é porque nos estivestes ocultando durante un mes que o que publicastes era unha rectificación e non unha resposta de Gonzalo, eu xa o tiña claro porque xa supoñía que Gonzalo non ía responder a un anónimo, o que vos pediu foi unha rectificación, vos atendédela e rectificades e durante moito tempo nos engañades facéndonos crer que era unha resposta de Gonzalo.
    Outra cousa, Gonzalo pediuvos que publicarades o correo que vos enviou o 11 de xuño co título do asunto dese correo, pero vós non publicastes o título do asunto do correo. Porque? Que ocultades?
    Desta vez si que tocastes fondo, subcomandante.

    ResponderEliminar
  16. Tralla si. Mentiras non. Si mentiron e o que publicaron non era unha resposta de Gonzalo, sinon unha rectificación da información terán que asumir as consecuencias.
    Si se demostra que este blog primeiro mentiu na información, o que se demostraría si é certo que publicaron unha rectificación, e que despois volveron a mentir intentando ocultar esa rectificación...si eso é certo, para min xa perderían todo, porque demostrarían que non son independentes, sinon que tiñan un obxectivo: queimar a Gonzalo a toda costa, recurrindo a mentiras si facía falta. E tamén sería a proba que nos demostraría a moitos quenes son. Ainda que cada día está máis claro de onde veñen os tiros.

    ResponderEliminar
  17. Queremos saber que poñía no "Asunto" dese correo electrónico que che enviou Gonzalo o 11 de xuño de 2010 e que ti publicaches como resposta de Gonzalo Castro.

    Subcomandante, non te escondas.

    ResponderEliminar
  18. Interesante artigo. Para os que cremos nunha Galiza liberada.

    http://www.terraetempo.com/artigo.php?artigo=581&seccion=4

    ResponderEliminar
  19. Hehe, mira o Zalo que autobombo se dá do seu artigo, hahahaha

    Isto é de traca...

    ResponderEliminar
  20. Zalo informou a todos os afiliados do BNG en todo momento dos correos que lle enviou ao subcomandante.

    Todos sabíamos en tempo real o que lle foi enviando Zalo ao subcomandante. De feito se o subcomandante non publica o título do "Asunto" do correo que lle enviou Zalo o 11 de xuño de 2010. Vai ser o BNG quen o publique.

    ResponderEliminar
  21. Gonzalo envíouvos unha "Solicitude de rectificación de informacoión publicada no blog marcosdaportela" e vos publicastes a vosa rectificación chamándolle "Resposta de Gonzalo Castro" e nos tivestes durante un mes mareando a perdiz e ocultando que rectificarades.

    Bravo. Sodes uns campeóns. Queda todo dito.

    Por certo, que vos autodenominedes medio de comunicación dá a risa. Un medio de comunicación ten editor coñecido e director coñecido e redactores coñecidos...

    ResponderEliminar
  22. Mira que algúns danlle ben voltiñas e son eles mesmos os que se marean por si mesmos e non me estrana que se enganen eles sós. Tentan maquear a realidade con puntualizacións, que si non é o mesmo cagar que defecar. Pois quen queira pode ir á merda e ve se hai diferencia.
    O subcomandante falou claro, e cadaquén que entenda as cousas como queira e lle dea as voltas que queira, pero que non vomite que xa cheira!

    ResponderEliminar
  23. Que peniña de povo,todos liados polo que se escrive nun blog,maneira de ter o povo entretido,a politica,a seleccion,as bandeiriñas de España,as camisetas... mentres medra o paro e imos de cu.O acabar o partido escoitanse gritos de viva España,estamos nun pais bananero donde estamos esperando calqueira acontecemento popular para afogar as nosas penas,pero logo imos para a casa e despensa esta baleira e mañan non hai que madrugar nin ir a traballar enton ahi e donde empeza o baixon,a culpa e de Zapatero decimos,enton esa España que a noite pasada deciamos con vivas xa non e a que defendiamos ante Alemania.Gañamos o partido a Alemania pero tamen gañamos a cola do paro,que peniña que non sexamos quen de decidir por nos mesmos sen que o sistema nos enrole,como nos enrolan todos estes comentarios que aqui se fan, sen saber que pode ser o mesmo o que pregunta e responda,a politica e unha merda,pero o comer cada dia e unha necesidade. Non someterse aos politicos e loitar polo que queremos sen colores foraneos,pero que poidamos vivir tamen e cando cheguemos de ver o partido ter a despensa chea.GALIZA XA TEN UNHA COR, NON A PINTEMOS POLAS EMOCIONS,SELECCION GALEGA XA.

    ResponderEliminar
  24. E xa está... ¿coa selección galega baixará o paro?
    Malo mesturar política con deportes. A min tamén me gustaría que ao igual que no Reino Unido, aquí puidese haber unha selección, non o vou a negar, pero o que non se pode facer é o que pasou co bipartito, regalarnos entradas ás asemblea locais e nós a tentar revendelas aos simpatizantes e non militantes. ¿Que diriamos se iso o chega a facelo PP?

    ResponderEliminar
  25. Poius si intentaches revender as entradas que che regalaron xa che vale. Menudo chorizo. Nas entradiñas amigo A.S.V. poñía ben claro que eran entradas de balde e que estaba prohibida a súa venda.
    Menudo chorizo estás feito.

    ResponderEliminar
  26. Que facían os da A.C. Foucelhas nun coche con bandeiras españolas pitando e celebrando a victoria de España?
    Se se levantase Foucellas e os vise volvía morrer dun infarto.
    De pena!!

    SELECCIÓN GALEGA XA!!

    ResponderEliminar
  27. Quem hóstia puta pretendidamente nacionalista galego diz que ganhamos a Alemanha?? Perdemos com Espanha, hóstia. Galiza nom tem seleçom oficial por que o imperialismo espanhol no-lo impede.

    FORÇA HOLANDA !!!
    A POLOS ..... HISPANOS !!!!
    GALIZA COM HOLANDA !!!!!

    ResponderEliminar
  28. "Según las definiciones que da la Real Academia Española del término «hispano», estos serían fundamentalmente los habitantes de la antigua Hispania romana, es decir los habitantes de la península ibérica."
    SODES TAN INCULTOS E PALETOS que sodes PATETICOS. Primeiro ide a escola, NAZIONALISTAS DE CORTELLO

    ResponderEliminar
  29. E CURIOSO A DE XENTE QUE PIDE AO TIO MARCOS QUE SAIA DO ANONIMATO...ESO SI...NIGÚN DELES PON O SEU NOME...SON TODOS ANÓNIMOS, NON SINA NINGUÉN...HAI QUE FODERSE.
    POR CERTO EN TODAS AS COMARCAS FEDEN OS CHIRINGUITOS QUE SE MONTARON VINCULADOS A XENTE DA UPG...MENTRES UNHS TRABALLABAMOS POLO PAÍS E POLO PAN..OUTROS QUERÍAN FACERSE RICOS...MANDA CARALLO!! COS NACIONALISTAS DE POSTÍN..RAMIROS NON GRAZAS!! MEI

    ResponderEliminar
  30. ¿por qué Astray cala as cacicadas de Regos?, e ¿por qué non nos preguntamos cal é a explicación daquel que tan progre e socialista presumiu ser, que agora vai ir na mesma lista que REGOS para as eleccións, xunto co máis cacique de todos os caciques que ata Gonzalez se lle queda á esquerda? Si amigos, Astray con Regos de número 3.
    Ou sexa en resumen: REgos xa éstá todo dito del, González un velliño que lle é hora de retirarse, Silvia unha moza preponte que nin sabe o que é ser política ou concelleira, só sabe malmeter as narices en todo; Pedreira un chaiñas debaixo da chaqueta de Regos; Gonzalo un aspirante que non acaba de gañarse o liderazgo dos compañeiros, Martino o incansable que pretenderá dar guerra aínda nestas eleccións para ter máis do mesmo, Astray que se alía con Regos..... Pero ¿qué nos queda? ¿a quen votamos? ¿haberá algún goberno decente dunha vez por todas?

    ResponderEliminar