04/07/10

Gonzalo Castro rexeita responder o noso cuestionario sobre a súa implicación na trama de Carrumeiro

Gonzalo Castro negouse finalmente a responder as preguntas que lle formulamos arredor da súa relación con Carrumeiro Media SL. Cada quen que saque as súas conclusións sobre isto. Publicamos integramente os correos electrónicos que nos enviou para que non haxa nada oculto. Pola nosa parte cremos que o caso está bastante claro no cuestionario que lle enviamos, e polo tanto, deixámolo zanxado, porque non vamos permitir que nos encerre neste bucle sen sentido discutindo todo o tempo o que xa é máis que evidente.
Só puntualizar duas cousas sobre o que nos comenta Gonzalo Castro: 1º, a razón do noso anonimato está explicada xa no primeiro post, non se escuse agora nel para non responder; por certo que calquera persoa que saiba algo de xornalismo entenderá que non hai unha entrevista máis segura e controlada para o entrevistado que aquela na que se lle permite responder por escrito. Ademais, recordámoslle a Gonzalo Castro que o seu partido, o BNG, cando recibimos as ameazas de Ordessiete nas que dicían que nos amparabamos no anonimato, etc., enviounos un comunicado solidarizándose con nós -o cal lle agredecemos moito, e que se queren podemos publicar aquí integramente-. 2º, Gonzalo Castro repróchanos que escribiramos isto: “Temos que dicir que é absolutamente falso que Gonzalo Castro Prado non teña nada que ver coa empresa Carrumeiro Media SL, e que o feito de que o diga é unha mentira gravísima e unha falta de respecto ao pobo de Ordes...” É mentira iso que dixemos?

Prezados/as amigos/as do blog marcosdaportela.blogspot.com:

Con respecto ao correo electrónico no que me remiten un cuestionario anónimo, para aclarar unha suposta polémica no seu blog, quero manifestarlles o seguinte:

1º) Agradezolles [sic] que recoñecesen a existencia de informacións inexactas no seu blog que me perxudicaban directamente, e que aceitasen publicar a solicitude de rectificación que lles remitin [sic] o 11 de xuño de 2010. Dentro da rectificación que publicaron, atopase [sic] un comunicado asinado por min, que resolve todas as dúbidas que poidan existir sobre o asunto, e ao que me remito a efectos aclaratorios.

2º) A suposta polémica que existe no seu blog debese [sic] á confusión xerada ao publicar a súa rectificación denominandoa [sic] "resposta de Gonzalo Castro", en lugar de facer referencia a que se trataba dunha rectificación da información inicialmente publicada por vostedes.

A este respecto, en favor da transparencia que din defender, SOLICITOLLES [sic] que publiquen integramente o correo electrónico que lles remitin [sic] o 11 de xuño de 2010, co título do asunto do mesmo, para dita publicación contan coa miña expresa autorización, xa que creo que poderá aclarar definitivamente a suposta controversia.

3º) Non teño ningún problema en aclarar con vostedes as cuestións que consideren de interese, teño concedido numerosas entrevistas sobre as cuestións máis variadas a medios de comunicación de todo tipo, mais o que nunca farei será responder a un cuestionario anónimo, por respecto aos máis de 1.500 veciños e veciñas de Ordes que deron o seu apopio ao BNG nas pasadas eleccións municipais, e porque entendo que a transparencia debe ser esixíbel a ambas partes.

Sorpréndeme a súa obsesión por permanecer no anonimato, e sen pretender polemizar, teño que dicirlles que na miña época de militancia nos Comités Abertos de Facultade (CAF), ou na Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), denunciábamos numerosas inxustizas e práticas rechazábeis sen utilizar o anónimato
[sic], o que provocou que tivesemos que soportar numerosas presións, mais eramos conscientes de que era a única forma de que as denuncias tivesen credibilidade e gozasen de lexitimidade diante da sociedade.

Ainda [sic] así, como non é norma do meu comportamento a de esconderme, comunicolles [sic] que se queren aclarar todas as cuestións que estimen de interese, contan coa miña absoluta colaboración, para o que só terán que poñerse en contacto conmigo e concertar unha cita para realizar unha entrevista. Por outra banda, para que teñan absoluta tranquilidade, teñen o meu compromiso inquebrantábel de que respectarei totalmente o seu anonimato e non comunicarei a ninguén a súa identidade.

* Reiterolles [sic] a petición da publicación íntegra do correo electrónico que lles remitin [sic] o 11 de xuño de 2010, así como a publicación, tamén íntegra, do presente correo electrónico.

Un cordial saúdo.

Gonzalo Castro Prado
Portavoz Municipal do BNG
Cumprindo os desexos de Gonzalo Castro publicamos tamén o primeiro correo electrónico que nos enviou:
Srs/as administradores/as do blog “marcosdaportela.blogspot.com”

Ordes,
11 de xuño de 2010

Estimados Srs/as:

Dirixome [sic] a vostedes en relación ao post publicado no seu blog o 10 de xuño de 2010, que facía referencia á suposta relación de Gonzalo-Henrique Castro Prado coa entidade mercantil Carrumeiro Media, S.L.

Dentro desa información dise literalmente o seguinte:

“Polémica en Ordes

Ao estar Gonzalo Castro implicado na trama, a política local tamén se viu sacudida. En xuño do ano pasado Gonzalo Castro declarará na Voz de Galicia o seguinte:

«Estas acusacións son rotundamente falsas, xa que eu non teño acción algunha nin
participación en ningunha empresa que contrate coa Administración pública».

En relación con estas informacións os/as administradores/as do blog realizan a seguinte acusación contra a miña persoa:

“Temos que dicir que é absolutamente falso que Gonzalo Castro Prado non teña nada que ver coa empresa Carrumeiro Media SL, e que o feito de que o diga é unha mentira gravísima e unha falta de respecto ao pobo de Ordes...”

A acusación de que Gonzalo Castro
Prado mentiu cando en xuño de 2009 declarou que non tiña acción algunha nin participación en ningunha empresa que contratase coa Administración pública resulta tendenciosa e carente de veracidade, e é producto [sic] da ausencia dun mínimo contraste da información, xa que Gonzalo Castro Prado desvinculouse da citada empresa o 13 de abril de 2007, deixando de ter accións na mesma nesa data, o que se pode acreditar mediante unha escritura pública outorgada nesa data ante o notario de Santiago de Compostela, Álvaro Moure Goyanes.

Poñome [sic] á súa enteira disposición para amosarlles persoalmente a citada escritura que, como é obvio, non lles podo remitir, xa que infrinxiria [sic] a Lei de Protección de Datos, ao figurar datos persoais de terceiras persoas.

Por tanto, a información citada non é veraz, a consecuencia dunha ausencia de contraste da información recollida en internet polos administradores do blog, polo que ao abeiro do disposto na Lei Orgánica 2/1984, de 26 de marzo, reguladora do dereito de rectificación, exercitase [sic] o dereito a rectificar a citada información solicitando a publicación da seguinte información, que deberá ser difundida polos mesmos medios e coa mesma repercusión que a noticia publicada o 10 de xuño de 2010 (facebook, chuza,…):


GONZALO CASTRO NON MENTIU RESPEITO Á SÚA PARTICIPACIÓN EN CARRUMEIRO

O portavoz do BNG de Ordes deixou a empresa antes de ser concelleiro

Respeito á información difundida por este blog o pasado 10 de xuño de 2010, titulada “Gonzalo Henrique Castro e o escándalo de Carrumeiro Media, S.L.”, temos que decir que cando Gonzalo Castro afirmou en xuño de 2009 a La Voz de Galicia que non tiña ningunha acción nin participación en ningunha empresa que contratase coa Administración pública, estaba a dicir a verdade, xa que Gonzalo Castro desprendeuse das accións que tiña en Carrumeiro Media o 13 de abril de 2007, en escritura pública suscrita ante o notario de Santiago, Álvaro Moure Goyanes. Por outra banda, con respecto a este asunto, reproducimos o seguinte comunicado de Gonzalo Castro, aclarando a cuestión:

1º) Todas e cada unha das miñas declaracións públicas e privadas, en relación coa empresa chamada Carrumeiro, son certas, por se tratar dun compromiso ético e persoal o de dicir sempre a verdade.

2º) As declaracións públicas feitas nun medio de comunicación en xuño de 2009, nas que afirmei: “Estas acusacións son rotundamente falsas, xa que eu non teño acción algunha nin participación en ningunha empresa que contrate coa Administración pública”, son absolutamente veraces, ratificándome absolutamente no dito e reiterando hoxe as mesmas afirmacións que fixen aquel día.

3º) A miña participación na empresa chamada Carrumeiro deixou de existir o 13 de abril de 2007, xa que nesa data procedín á venda das miñas accións, tal como consta en documentos públicos asinados ante o notario de Santiago, Álvaro Moure Goyanes. O feito de que por parte dos administradores da empresa non se rexistrase a escritura no rexistro da propiedade até moito despois é unha anomalía en absoluto imputábel á miña vontade, xa que desde a data reseñada eu non formaba parte da citada empresa.

4º) Sempre tiven e terei como prioritario e fundamental actuar con escrupuloso respecto aos principios éticos, por iso desvinculeime da citada empresa antes das eleccións municipais de 2007 e, por tanto, antes de que accedese ao cargo público de concelleiro e Portavoz Municipal do BNG en Ordes, malia que non tiña ningunha obriga legal de facelo, xa que a citada empresa non tiña contratos co Concello de Ordes e, por tanto, non existia ningunha incompatibilidade legal para que poidese seguir participando dela e ser ao mesmo tempo concelleiro en Ordes, mais, ainda así, decidín deixar a empresa antes das eleccións municipais porque considero que o exercicio dun cargo público debe vir acompañado dun escrupuloso e ríxido respecto ás normas máis esenciais da ética, así como polo meu compromiso e respecto aos veciños e veciñas de Ordes.

Gonzalo Castro Prado

Portavoz Municipal do BNG de Ordes

Agardando a pronta rectificación da información difundida reproducindo o comunicado que figura en negrita na presente carta, e conforme ao disposto no artigo 3 da Lei Orgánica 2/1984, aproveita a ocasión para enviar-lle un cordial saúdo.

Gonzalo Castro Prado

Portavoz Municipal do BNG de Ordes

42 comentários:

  1. Subcomandante, non seas parvo o, non dediques nen unha linea mais a explicarte, que quedou ben claro de que pao vai o Gonzalo este. Non lle entres no xogo, que xa o deixaches co cu ao aire de sobra.

    ResponderEliminar
  2. Subcomandante, dígoche o mesmo que o autor do primeiro comentario.

    ResponderEliminar
  3. Meu deus, e este ven falando de aguantar a presión na súa epoca moza, pero este homiño de que cona vai... se xa deixaban que desexar as súas prácticas empresariais, o das súas presións políticas pareceme penoso. Este é o candidato xoven do que tanto presume o BNG non? , este o que esta feito e un carca! Que panda!

    ResponderEliminar
  4. jajaj
    mira k sodes....kantas voltas lle vades dar o mesmo tema¿?
    nn por nada...peo e k xa aburres...e k tas sejido decindo o mesmo kando os teus argumentos son os k kedaron ko ku o aire!!!
    a verdade e k t debes aburrir ben na tua casiña oh!!
    ou quizais ye teñas envexa a gonnzalo¿?

    ResponderEliminar
  5. Co cu ao aire quedas ti, anónimo 00:53...

    ResponderEliminar
  6. Menudo repaso vos dou Gonzalo, sobre todo cando vos di que él non se agachaba cando denunciaba cacicadas desde os CAF ou desde ADEGA e tiñan que aguantar presións e ameazas sin esconderse no anonimato. El leva moitos anos dando a cara, só por eso xa merece moito máis respecto que os deste blog.
    Gonzalo citouvos a unha entrevista e comprometeuse a non revelar a vosa identidade. Dándovos unha oportunidade de ouro para recuperar a vosa xa máis que maltrecha credibilidade. E non a aceitades?
    Acabades de asinar o certificado de defunción deste blog.

    Adeus, Agur, adeu subcomandante.

    ResponderEliminar
  7. E o subcomandante estivo enredándonos todo este tempo para non admitir que o que publicou non era a resposta de Gonzalo, sinon unha rectificación da información que publicou no blog sobre él. Eu alucino!!

    O que queda clarísimo no correo que lle enviou Gonzalo é que Gonzalo non lle estaba contestando ao subcomandante, sinon que lle estaba esixindo unha rectificación e o subcomandante publicou a rectificación.

    E si non era falsa a información do subcomandante? Porque publicou a rectificación que lle esixiu Gonzalo no correo electrónico?

    Ou eu son moi parva ou aquí os que quedaron co cú ao aire son os que levan moito tempo negando que tiveron que publicar unha rectificación.

    Subcomandante xa che vale!! Mentirnos durante todo este tempo dicindo que o publicaras fora a resposta de Gonzalo cando era unha rectificación vosa!!

    ResponderEliminar
  8. Interesante artigo.

    http://www.terraetempo.com/artigo.php?artigo=581&seccion=4

    ResponderEliminar
  9. O sábado un destacado dirixente do BNG de Ordes díxome que os administradores do blog renovarobng.blogaliza.org sabían quen estaba detrás do blog marcosdaportela.blogspot.com e que supostamente Gonzalo Castro xa sabía tamén quen era.

    O que máis me chamou a atención é que esta persoa díxome que ela non sabía quen estaba detrás do blog do subcomandante porque Gonzalo non lle quere dicir a ninguén quen é.

    O que me dixo está persoa é que Gonzalo tiña esa información gardada e reservada por si necesitaba utilizala nalgún momento.

    Agardo impaciente por esa información, pode ser un bombazo.

    ResponderEliminar
  10. Pois eu botei polo BNG nas pasadas eleccións e se Gonzalo non responde o cuestionario agachándose na burda disculpa de que é dun anónimo procurarei facer campaña contra el cos meus amigos e veciños. Téñoo claro. Para min o respeto polos seus votantes, tal e como di Gonzalo, é dar explicacións, non dicir que por "respeto" vai calar a boca porque moitos pensaremos que é porque ten moito que ocultar.

    ResponderEliminar
  11. Ostia!! Eu creo que a resposta de Gonzalo nos correos que lles enviou e de sacarse o sombreiro. Dando a cara, dando información e solicitándolles que rectificasen porque mentiron no que publicaron.

    E que fixeron os deste blog? Rectificar e recoñecer que se equivocaron.

    O do cuestionario non é máis que un intento de salvar o pelexo cando xa quedaran en evidencia. O que ainda é peor para eles.

    E a resposta de Gonzalo ao cuestionario xa é de chapeau, de matricula de honra.

    O Gonzaliño deixou en evidencia as mentiras deste blog con educación e sen despeinarse.

    ResponderEliminar
  12. Para min un blog que nos estivo mentindo durante un mes, intentando ocultar que tiveran que rectificar a información porque non era certa xa perdeu todo o respeto.

    Como carallo queredes que vos leamos se nos estivestes engañando durante un mes.

    Desde o 11 de xuño que Gonzalo vos enviou o correo coa petición de rectificación o único que fixestes foi marear a perdiz e mentirnos a todos os que vos leiamos para non recoñecer que publicarades unha rectificación.

    E agora sacades non sei que rollo de Ramiro para despistar.

    A quen queredes engañar. Este blog para min morreu.

    ResponderEliminar
  13. Hahaha, que flipado! o supermilitante dos CAF e Adega, hahahahah. Que peniña dades carallo... Xa hai que ser flipado!

    ResponderEliminar
  14. Como escoce a lección que vos deu Gonzalo. Mentres él leva toda a vida dando a cara traballando desde o movemento estudantil, o ecoloxismo e agora desde a política, vos non sodes máis que uns encarapuchados que non se atreven a dar a cara.
    Porque non lle queredes conceder a entrevista en persoa si él xa vos dixo que non ia revelar a vosa identidade?
    Que tedes que esconder para non dar a cara e mentir tan descaradamente?
    No blog renovarobng e moitos outros que denuncian moitas cousas todo o mundo sabe quenes son os administradores e a xente respeta eses blogs por esa razón.
    Vos non merecedes respeto ningún mentres non deades a cara.
    Só os mentireiros se esconden detrás do anonimato. E vós de mentir sabedes bastante, resulta que o que publicastes era unha rectificación e non a resposta de Gonzalo e tardastes casi un mes en admitilo despois de mentirnos a todos durante todo este tempo.
    Será que non sodes tan anónimos e que se a xente sabe quenes sodes darase conta das vosas verdadeiras intencións?
    Vós si que dades peniña.

    ResponderEliminar
  15. Unha puntualización. Sobre o anonimato mantivemos desde o principio a mesma postura. A quen non lle gustase que non entrase no blog. A postura do BNG de Ordes cando Santiagossiete nos botou en cara o tema do anonimato foi a seguinte:

    "Expresamoslles o noso absoluto apoio e solidariedade, diante dun ataque á liberdade de expresión que resulta totalmente inadmisíbel e que pon de manifesto o grande deficit democrático que existe na comarca de Ordes.

    "Poñemonos á súa disposición para realizar as actuacións que sexan precisas para garantir o exercicio do dereito que teñen a informar e opinar libremente de cuestións políticas e sociais relacionadas coa nosa comarca. Consideramos que todos os cargos públicos deben aceitar as críticas e opinións da cidadanía como algo esencial no exercicio dos máis elementais dereitos democráticos, porque por riba de calqueira outra consideración, o que debe primar é o dereito dos veciños e veciñas do nosa comarca a recibir información e a opinar libremente sobre a mesma.

    [...]

    Queremos felicitalos pola posta en funcionamento deste blog informativo e animámolos a seguir traballando para facer chegar información aos veciños e veciñas de Ordes e a súa comarca. Contan coa nosa expresa vontade de colaboración para este cometido."

    (Non publicamos a nota íntegra por respetar o desexo do BNG de Ordes). Evidentemente, agradecémoslle no seu día ao BNG esta mostra de apoio que nos brindou.

    Pero a postura de Gonzalo Castro sobre o noso anonimato agora é esta:

    "Sorpréndeme a súa obsesión por permanecer no anonimato, e sen pretender polemizar, teño que dicirlles que na miña época de militancia nos Comités Abertos de Facultade (CAF), ou na Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), denunciábamos numerosas inxustizas e práticas rechazábeis sen utilizar o anónimato, o que provocou que tivesemos que soportar numerosas presións, mais eramos conscientes de que era a única forma de que as denuncias tivesen credibilidade e gozasen de lexitimidade diante da sociedade."

    Sorprendente cambio de opinión? Cada quen que saque as súas conclusións.

    ResponderEliminar
  16. Unha puntualización. Sobre o anonimato mantivemos desde o principio a mesma postura. A quen non lle gustase que non entrase no blog. A postura do BNG de Ordes cando Santiagossiete nos botou en cara o tema do anonimato foi a seguinte:

    "Expresamoslles o noso absoluto apoio e solidariedade, diante dun ataque á liberdade de expresión que resulta totalmente inadmisíbel e que pon de manifesto o grande deficit democrático que existe na comarca de Ordes.

    "Poñemonos á súa disposición para realizar as actuacións que sexan precisas para garantir o exercicio do dereito que teñen a informar e opinar libremente de cuestións políticas e sociais relacionadas coa nosa comarca. Consideramos que todos os cargos públicos deben aceitar as críticas e opinións da cidadanía como algo esencial no exercicio dos máis elementais dereitos democráticos, porque por riba de calqueira outra consideración, o que debe primar é o dereito dos veciños e veciñas do nosa comarca a recibir información e a opinar libremente sobre a mesma.

    [...]

    Queremos felicitalos pola posta en funcionamento deste blog informativo e animámolos a seguir traballando para facer chegar información aos veciños e veciñas de Ordes e a súa comarca. Contan coa nosa expresa vontade de colaboración para este cometido."

    (Non publicamos a nota íntegra por respetar o desexo do BNG de Ordes). Evidentemente, agradecémoslle no seu día ao BNG esta mostra de apoio que nos brindou.

    Pero a postura de Gonzalo Castro sobre o noso anonimato agora é esta:

    "Sorpréndeme a súa obsesión por permanecer no anonimato, e sen pretender polemizar, teño que dicirlles que na miña época de militancia nos Comités Abertos de Facultade (CAF), ou na Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), denunciábamos numerosas inxustizas e práticas rechazábeis sen utilizar o anónimato, o que provocou que tivesemos que soportar numerosas presións, mais eramos conscientes de que era a única forma de que as denuncias tivesen credibilidade e gozasen de lexitimidade diante da sociedade."

    Sorprendente cambio de opinión? Cada quen que saque as súas conclusións.

    ResponderEliminar
  17. Unha puntualización. Sobre o anonimato mantivemos desde o principio a mesma postura. A quen non lle gustase que non entrase no blog. A postura do BNG de Ordes cando Santiagossiete nos botou en cara o tema do anonimato foi a seguinte:

    "Expresamoslles o noso absoluto apoio e solidariedade, diante dun ataque á liberdade de expresión que resulta totalmente inadmisíbel e que pon de manifesto o grande deficit democrático que existe na comarca de Ordes.

    "Poñemonos á súa disposición para realizar as actuacións que sexan precisas para garantir o exercicio do dereito que teñen a informar e opinar libremente de cuestións políticas e sociais relacionadas coa nosa comarca. Consideramos que todos os cargos públicos deben aceitar as críticas e opinións da cidadanía como algo esencial no exercicio dos máis elementais dereitos democráticos, porque por riba de calqueira outra consideración, o que debe primar é o dereito dos veciños e veciñas do nosa comarca a recibir información e a opinar libremente sobre a mesma.

    [...]

    Queremos felicitalos pola posta en funcionamento deste blog informativo e animámolos a seguir traballando para facer chegar información aos veciños e veciñas de Ordes e a súa comarca. Contan coa nosa expresa vontade de colaboración para este cometido."

    (Non publicamos a nota íntegra por respetar o desexo do BNG de Ordes). Evidentemente, agradecémoslle no seu día ao BNG esta mostra de apoio que nos brindou.

    Pero a postura de Gonzalo Castro sobre o noso anonimato agora é esta:

    "Sorpréndeme a súa obsesión por permanecer no anonimato, e sen pretender polemizar, teño que dicirlles que na miña época de militancia nos Comités Abertos de Facultade (CAF), ou na Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), denunciábamos numerosas inxustizas e práticas rechazábeis sen utilizar o anónimato, o que provocou que tivesemos que soportar numerosas presións, mais eramos conscientes de que era a única forma de que as denuncias tivesen credibilidade e gozasen de lexitimidade diante da sociedade."

    Sorprendente cambio de opinión? Cada quen que saque as súas conclusións.

    ResponderEliminar
  18. Subcomandante Marcos da Portela6 de julho de 2010 às 11:08

    Unha puntualización. Sobre o anonimato mantivemos desde o principio a mesma postura. A quen non lle gustase que non entrase no blog. A postura do BNG de Ordes cando Santiagossiete nos botou en cara o tema do anonimato foi a seguinte:

    "Expresamoslles o noso absoluto apoio e solidariedade, diante dun ataque á liberdade de expresión que resulta totalmente inadmisíbel e que pon de manifesto o grande deficit democrático que existe na comarca de Ordes.

    "Poñemonos á súa disposición para realizar as actuacións que sexan precisas para garantir o exercicio do dereito que teñen a informar e opinar libremente de cuestións políticas e sociais relacionadas coa nosa comarca. Consideramos que todos os cargos públicos deben aceitar as críticas e opinións da cidadanía como algo esencial no exercicio dos máis elementais dereitos democráticos, porque por riba de calqueira outra consideración, o que debe primar é o dereito dos veciños e veciñas do nosa comarca a recibir información e a opinar libremente sobre a mesma.

    [...]

    Queremos felicitalos pola posta en funcionamento deste blog informativo e animámolos a seguir traballando para facer chegar información aos veciños e veciñas de Ordes e a súa comarca. Contan coa nosa expresa vontade de colaboración para este cometido."

    (Non publicamos a nota íntegra por respetar o desexo do BNG de Ordes). Evidentemente, agradecémoslle no seu día ao BNG esta mostra de apoio que nos brindou.

    Pero a postura de Gonzalo Castro sobre o noso anonimato agora é esta:

    "Sorpréndeme a súa obsesión por permanecer no anonimato, e sen pretender polemizar, teño que dicirlles que na miña época de militancia nos Comités Abertos de Facultade (CAF), ou na Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), denunciábamos numerosas inxustizas e práticas rechazábeis sen utilizar o anónimato, o que provocou que tivesemos que soportar numerosas presións, mais eramos conscientes de que era a única forma de que as denuncias tivesen credibilidade e gozasen de lexitimidade diante da sociedade."

    Sorprendente cambio de opinión? Cada quen que saque as súas conclusións.

    ResponderEliminar
  19. Eu aínda non entendo de que rectificación fala esta xente, se todo o que puxo o subcomandante xa estaba publicado noutros xornais...

    ResponderEliminar
  20. A todo isto, Zalo moita universidade pero para facer tanto comunicado, podía aprender a escribir un pouco... Entre o castellanogalegocoruño e as tildes mal postas, que imaxe de analfabeto...
    Sobre o resto, que dicir, a min pareceme caralludo que o subcomandante volvese publicar isto, se os seus compañeiros ben boa a súa resposta non digo nada... A min a imaxe que están dando vaia por Deus... isto e como cando presumian algúns do bloque de ir limpar no rio, este ven contarnos batallas de adega e dos cafs que non veñen a conto, aparte, que como fose creada como en ordes a adega, xa se sabe de que vai o conto...

    ResponderEliminar
  21. Subcomandante. Opinar é unha cousa, aqui todo o mundo o fai, e debatir ou facer unha entrevista é outra. Iso é o que che está dicindo Gonzalo por se non te enteraches. Un debate ou entrevista non pode ter lugar se unha das partes é anónima, ti onde viches a alguén debatir con un anónimo?. Nos debates dase a cara polas dúas partes.
    Gonzalo nos correos non che está dicindo que non poidas escribir ou opinar o que queiras, só che está dicindo que o que non concede é unha entrevista a un anónimo, nin debatirá tampouco cun anónimo, o cal e normal e lóxico. Incluso comprométese a non revelar a vosa identidade e ainda así non queredes quedar con él? Que tedes que esconder?
    Ao que non respondedes é porque nos estivestes ocultando durante un mes que o que publicastes era unha rectificación e non unha resposta de Gonzalo, eu xa o tiña claro porque xa supoñía que Gonzalo non ía responder a un anónimo, o que vos pediu foi unha rectificación, vos atendédela e rectificades e durante moito tempo nos engañades facéndonos crer que era unha resposta de Gonzalo.
    Outra cousa, Gonzalo pediuvos que publicarades o correo que vos enviou o 11 de xuño co título do asunto dese correo, pero vós non publicastes o título do asunto do correo. Porque? Que ocultades?
    Desta vez si que tocastes fondo, subcomandante.

    ResponderEliminar
  22. Subcomandante, publica o título do asunto do correo que che enviou Gonzalo Castro o 11 de xuño e que ti publicaches como "Resposta de Gonzalo Castro".

    Se non o fas, vas quedar moi mal, fatal.

    ResponderEliminar
  23. Coidado que agora que os do bng se pican e e a fin do mundo... Egocentricos carallo!! tralla subcomandante!!!

    ResponderEliminar
  24. lume cos caciques sexan de onde sexan!!!

    ResponderEliminar
  25. Tralla si. Mentiras non. Si mentiron e o que publicaron non era unha resposta de Gonzalo, sinon unha rectificación da información terán que asumir as consecuencias.
    Si se demostra que este blog primeiro mentiu na información, o que se demostraría si é certo que publicaron unha rectificación, e que despois volveron a mentir intentando ocultar esa rectificación...si eso é certo, para min xa perderían todo, porque demostrarían que non son independentes, sinon que tiñan un obxectivo: queimar a Gonzalo a toda costa, recurrindo a mentiras si facía falta. E tamén sería a proba que nos demostraría a moitos quenes son. Ainda que cada día está máis claro de onde veñen os tiros.

    ResponderEliminar
  26. Tralla si. Mentiras non. Que publiquen o que lles pediu Gonzalo.

    ResponderEliminar
  27. Queremos saber que poñía no "Asunto" dese correo electrónico que che enviou Gonzalo o 11 de xuño de 2010 e que ti publicaches como resposta de Gonzalo Castro.

    Subcomandante, non te escondas.

    ResponderEliminar
  28. Interesante artigo. Para os que cremos nunha Galiza liberada.

    http://www.terraetempo.com/artigo.php?artigo=581&seccion=4

    ResponderEliminar
  29. Os do bng estan profundamente colgados da cabeza, e non me explico as cousas que piden como anonimos, porque para saber cousas dos mails, como non sexa zalo o que escribe todas estas paridas iguais

    ResponderEliminar
  30. jajaja
    = xe parece k zalo nn ten nada mellor k facer k perder o tempo escribindo eses argumentos!!
    x certo o uniko k pon paridas es ti!!
    faille un favor a peña....e pensa antes de falar!!!!

    ResponderEliminar
  31. Anónimo das 00:17. Zalo informou a todos os afiliados do BNG en todo momento dos correos que lle enviou ao subcomandante.

    Todos sabíamos en tempo real o que lle foi enviando Zalo ao subcomandante. De feito se o subcomandante non publica o título do "Asunto" do correo que lle enviou Zalo o 11 de xuño de 2010. Vai ser o BNG quen o publique.

    ResponderEliminar
  32. Porque non falades da asociación "fantasma" que inventou Galiza Nova ás ordes de Zalo para chupar subvencións, ou do vergonzoso estado de Adega na comarca de Ordes, controlada pola UPG?

    Todo está feito merda no BNG en Ordes...

    ResponderEliminar
  33. Por certo que Zalo debeu aprender o jallejo na misma escuela que Landeira...

    ResponderEliminar
  34. Gonzalo envíouvos unha "Solicitude de rectificación de información publicada no blog marcosdaportela" e vos publicastes a vosa rectificación chamándolle "Resposta de Gonzalo Castro" e nos tivestes durante un mes mareando a perdiz e ocultando que rectificarades.

    Bravo. Sodes uns campeóns. Queda todo dito.

    Por certo, que vos autodenominedes medio de comunicación dá a risa. Un medio de comunicación ten editor coñecido e director coñecido e redactores coñecidos...

    ResponderEliminar
  35. Anónimo das 11:21. Asociación "fantasma"? di o nome porque creo que estás inventando cousas. E con respecto a Adega na comarca de Ordes, pois que queres que che diga? hai dous meses fixeron unha reunión no Túnel con máis de cen persoas e os que viñeron falar da Dirección Nacional de Adega quedaron alucinados dicindo que había moito tempo que Adega non xuntaba tanta xente nun acto.
    Hai que andar máis polo pobo e menos en internet para enterarse das cousas.

    ResponderEliminar
  36. As fotos dese acto de Adega publicáronse en ordessiete por si queres miralas.

    ResponderEliminar
  37. Anónimo das 11:24. Nunha frase de 13 palabras, 5 grallas!!!
    Es unha máquina
    E ti falas de aprender galego???

    ResponderEliminar
  38. Unha cousa, ánonimo das 11:21...

    Podesme dicir de que asociación pantasma estar a falar, e de cantas subvencions gozou e da cuantia delas?

    ...

    ResponderEliminar
  39. Venga que los del bloque se peleen por nada, menos mal que no gobernais. No os debeis preocupar, porque siempre ganamos los mismos. ¡Viva España!

    ResponderEliminar
  40. Anónimo das 11:52, escribir "jallejo" debe ser máis ben iso que chaman ironía que unha gralla non? XD

    Anónimo das 12:51, mete España polo cú ;)

    ResponderEliminar
  41. Podedes mirar no blog: renovarobng ( buscado así en google e xa sae) e mirades nos Comentarios Recentes: O BNG de Ordes , e podedes ter moi apetecíbel información en 290 comentarios sobre quen é quen no BNG da vila.
    Se non hai comentarios recentes, buscades Ordes no apartado PROCURAR.

    ResponderEliminar
  42. Os efectos colaterais: despois de amorear máis de 2 millóns de euros en ano e medio, que como sabedes tiveron un destiño "non explicado" pero por suposto que non foron na totalidade a GZnación, moitas das decisións políticas agora na frente están condicionadas pola expectativa económica. É dicir: "temos que voltar a ter postos dende os que poidamos encher os petos". Que ninguén se crea que a maior parte desos cartos foron investidos en proxectos políticos. Están nos petos duns "cuantos poucos". Todos eles (por certo que hai dous moi moi dentro do allo, con responsabilidades orgánicas, e que non se citan nunca... non sabedes quen son?). Digo "todos"... están ben situados na frente e na U, e tamén respecto do que serán os futuros governos municipais. A política do BNG condicionada polo interese dun grupo de rateros. Onde demos chegado meu Breogán!! Moncho do Courel.

    ResponderEliminar