07/07/10

O PXOM de Frades: desastre total



Grazas a outro lector do blog poidemos saber das irregularidades que presenta o PXOM do concello de Frades, liderado por Miguel Prado. No pasado 15 de abril a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, publicou un “Informe previo á aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Frades (A Coruña)”, que dá boa conta de todas as incongruencias que presenta o PXOM de Frades.
Vamos resumir só algunhas partes do documento (PTU-AC-09/007), xa que quen queira pódeo consultar aquí. Este é moi contundente, e contén ducias de irregularidades de todo tipo.

En primeiro lugar, o concello de Frades tiña 2.706 habitantes no 2009, pero con tendencia a disminuir. Aínda así, o plan prevé 620 novas vivendas para dentro de 20 anos, polo que “a superficie media de vivenda no solo urbano consolidado resulta desproporcionada”; indicando ademáis na Consellería que “O Plan non xustifica a necesidade de novas áreas residenciais e industriais, semellando a ocupación territorial das áreas consolidadas suficiente para absorber a demanda prevista.” Parece que no PP de Frades non se dan conta que o boom do ladrillo xa rebentou, e siguen a piñón fixo coa “política de asfalto, sufraxio universal...”, como cantan os de Dios ke te Crew.

O informe destaca a carencia dun sistema de depuración de augas residuais competente no rural de Frades, que o PXOM non emenda. Tampouco prevén novos sistemas xerais de equipamento, nen respectan o corredor ecolóxico do río Tambre. Gran parte de solo urbanizable delimitado industrial ocupa terreos que foron obxecto da concentración parcelaria calificados como altamente produtivos, polo que deberían ser clasificados como de protección agropecuaria. Así mesmo, tamén se invade “arborado de interese e masas arbóreas que deben ser protexidas por cumprir funcións ecolóxicas, produtivas, paisaxísticas e de protección forestal.”

A clasificación do solo do núcleo rural tamén presenta irregularidades: “A delimitación dos seguintes núcleos se traza a máis de 50 m das edificacións tradicionais: Sobre dos Campos, A Igrexa de Añá, O Vilar de Gafoi, Consello e Os Currillos - O Piñeiro. E nalgúns núcleos non segue as pegadas físicas existentes (camiños, ríos, regatos, cómaros) de acordo co art. 13 da LOUG: Chamuín, Fonsá, Mangoeiro e A Pereiruga – As Corredoiras.” e “A liñas que comprenden as área de expansión dos núcleos rurais de Lamela, Peñasco, Os Currás, o Castro de Galegos, Ribadas, A Pedreira de Abaixo, A Igrexa–A Casa, Vilarxoán e O Pumariño–O Monte, se sitúan a mais de 200 m da delimitación dos núcleos rurais tradicionais.” Outras non respectan a morfoloxía dos asentamentos tradicionais, e resultan desproporcionadas. Establécense ademais zonas de expasión que parecen forzadas, resultando “allea á estrutura tradicional dos asentamentos”. Tampouco xustifican que zonas valiosas sexan excluídas da categoría de solo rústico de protección forestal. Redúcense así mesmo sen xustificar zonas de protección das augas, e incluso o PXOM non identifica a existencia de cursos fluviais en zonas como Pazo – A Ponte. Tampouco ten en conta que a ribeira do Tambre ao seu paso polo concello de Frades te un risco de inundacións medio ou significativo (zona B). Non se delimitan tampouco as concas de interese paixasístico.

En definitiva, o PXOM de Frades foi feito dunha maneira totalmente trapalleira e neglixente, practicando unha especie de barra libre urbanística na que todo se convirte en edificable, sen respectar zonas de alta produtividade agropecuaria, zonas de interese ecolóxico e paisaxístia, zonas con risco de inundacións, etc. Recomendamos a lectura atenta do documento, sobre todo para as persoas afectadas máis directamente, de forma que podan protestar a tempo.

NOTA: Aproveitamos para agradecerlle a confianza e a información que depositou en nós un lector anónimo. Énchenos de alegría ver que pouco a pouco a xente confía en nós para denunciar as cacicadas destas terras do Ghaliñeiro.

7 comentários:

  1. Queremos saber que poñía no "Asunto" dese correo electrónico que che enviou Gonzalo o 11 de xuño de 2010 e que ti publicaches como resposta de Gonzalo Castro. Subcomandante, non te escondas.
    Sempre que o subcomandante queda en evidencia empeza a sacar post para despistar.
    De paso que publicabas este post non che costaba nada publicar o que che pedimos, non si?

    ResponderEliminar
  2. Visto que a mesma persoa pide incesantemente en todos os post que digamos cal era o asunto do famoso correo de Gonzalo Castro , anunciamos que non temos absolutamente ningún problema en dicilo: "Solicitude de rectificación de información publicada no blog marcosdaportela". Non entendemos en que cambia nada saber cal é o título que lle puxo Gonzalo Castro ao seu correo pero, en fin, aí queda para quen lle poda servir de algo a información. Máis transparencia pola nosa parte non pode haber, xa que publicamos absolutamente todo o que se nos enviou, o cal é totalmente inaudito en calquera medio de comunicación.

    Pedimos tamén que os comentarios se fagan no post correspondente. A partir de agora eliminaremos os comentarios que non estean na entrada que lle corresponde, copiándoos -iso si-, onde deberían estar. Sobre algún comentario que dicía que censuramos comentarios, iso é totalmente falso. Os únicos comentarios eliminados eran os de propaganda neonazi do MSR, e xa no seu día demos as expliacións pertinentes.

    ResponderEliminar
  3. Gonzalo envíouvos unha "Solicitude de rectificación de informacoión publicada no blog marcosdaportela" e vos publicastes a vosa rectificación chamándolle "Resposta de Gonzalo Castro" e nos tivestes durante un mes mareando a perdiz e ocultando que rectificarades.

    Bravo. Sodes uns campeóns. Queda todo dito.

    Por certo, que vos autodenominedes medio de comunicación dá a risa. Un medio de comunicación ten editor coñecido e director coñecido e redactores coñecidos...

    ResponderEliminar
  4. Non sei se o subcomandante foi do bng ou non, pero o que está claro e que se o foi os seus antigos compañeiros están facendo o ridículo completamente... cando por fin hai un medio que denuncia todas as cacicadas sen importar a sua cor política vos saides atacandoo. Putos estomagos agradecidos, dades noxo! non tedes un mínimo de dignidade.

    ResponderEliminar
  5. Tanto insistir o anónimo ise co carallo do asunto e para min non cambia nada. Mira que algún está ben aburrido

    ResponderEliminar
  6. Que facían os da A.C. Foucelhas nun coche con bandeiras españolas pitando e celebrando a victoria de España?
    Se se levantase Foucellas e os vise volvía morrer dun infarto.
    De pena!!

    ResponderEliminar
  7. Eu queria falar do tema de Frades, pero xa vexo que a todo dios lle da igual... só existe o BNG, parece

    ResponderEliminar