Convocamos un concurso no que poderedes enviarnos as vosas caricaturas, debuxos, montaxes de photoshop, etc., con temática anticaciquil. O prazo para que nos enviedes os vosos diseños rematará o 1 de agosto; nese mesmo día abriremos unha enquisa na que os lectores e lectoras de marcosdaportela.blogspot.com poderán votar polos seus deseños favoritos até o día 15 de agosto, día das festas de Ordes, no que se coñecerá o gañador. O premio será un exemplar do "Catecismo do labrego" de Valentín Lamas Carvajal, director e creador da revista O Tio Marcos d´a Portela, unha botella de Cacique 500, e 100 pegatinas a cor da súa imaxe. As bases son as seguintes:
1. Poderán presentarse fotografías retocadas, montaxes informáticas, debuxos, caricaturas, etc., en formato dixital, enviándoo por correo electrónico a subcomandantemarcosdaportela@gmail.com. Garantimos o anonimato das persoas participantes (tamén podedes crear en 5 minutos unha conta de correo desde o que envialo se preferides non empregar a vosa persoal).
2. A temática dos traballos será anticaciquil, e no ámbito de toda a comarca de Ordes (concellor de Ordes, Oroso, Cerceda, Mesía, Frades, Tordoia e Trazo): crítica a políticos locais, empresarios corruptos, etc.
3. O prazo de entrega remata o 1 de agosto. O fallo do xurado, que neste caso será por votación popular a través dunha enquisa colocada no blog, emitirase o 15 de agosto. Nese momento poñeremonos en contacto coa persoa gañadora para facerlle chegar o premio e poñernos de acordo en como se quere facer a entrega por se quere manter o seu anonimato.
4. Haberá un único premio, que consistirá nun exemplar de "Catecismo do labrego" de Valentín Lamas Carvajal, unha botella de ron Cacique 500, e 100 exemplares da imaxe gañadora en papel de pegatina a cor.
Animádevos a participar!
A botella de Cacique supoño que a pon o concello non? xD
ResponderEliminar