
Segue mal o choio para os auxiliares do carbón en Cerceda. O programa de recolocación para os afectados polo peche da mina tería que crear 97 empregos antes de setembro, e van mal, pois aínda non se colocou a ninguén. O grave é que 9 empresas están a cobrar durante este ano máis de 3 millóns de euros en subvencións para crear 97 postos de traballo -42 deles para os afectados polo peche da mina-, que non se ven por ningunha parte.