09/09/10

Dicionario caciquil: Nel Astray



Seguimos cos deberes que nos marcamos na nosa volta, e desta vez tócalle repaso a Nel Astray, segundo algúns, o autor deste blog.
Nel Astray Mariño é fillo de Manuel Astray Rivas, coñecido avogado de Ordes e historiador local afeccionado. Nel Astray foi militante socialista toda a vida, nunha época no que iso de “socialista” xa significaba outra cousa... En realidade tivo unha época comunista, ardores de xuventude que lle chaman. Astray liderou grandes loitas políticas, nas que o obxectivo foi sempre os seus intereses persoais. Cando Esther Couto era a candidata do PSOE en Ordes (outra da que haberá que falar un día), Astray era o secretario xeral. A relación entre eles era pésima, e marcou un importante capítulo na historia do PSOE de Ordes, que ben podería servir de guión para un culebrón televisivo.

Un dos momentos de “gloria” de Astray foi nas últimas eleccións municipais, onde incorporou o seu nome a unha extensa lista de tránsfugas locais. O home, despois de decidir afastarse do PSOE pola sua mala relación com Couto, foi “fichado” a última hora por Juan Simón, outro freelancer da política galega que usou siglas ao seu antollo para defender os seus intereses profesionais como médico. Pero agora vamos falar de Nel, que o de Juan Simón é outra historia. Nel incorporouse como 2º á lista de “Nova Alternativa” -que de “nova” pouco tiña, e de “alternativa” menos. Ata aquí todo medianamente normal, tendo en conta que falamos de Ordes. Pero chegadas as eleccións, NA consigue dous concelleiros, e non lle faltou tempo a Nel Astray para no primeiro pleno romper coa efémera disciplina de partido e integrarse no goberno. Dito de outro xeito: tivo a cara dura de que a xente de NA lle fixese campaña, para nada máis conseguir o seu posto traizoalos.
E é que o político ordense é ávido de poder, e corto en vergoñas. O “socialista” de afamada vida nocturna axiña se acostumou a gobernar, e ir da man do seu antigo super-inimigo Regos. Dá gusto velo na homenaxe pro-franquista ao Soldado Lois, xusto onde seu pai escribiu que estaba enterrados os republicanos fusilados no 36. Dese socialismo clásico ao novo PSOE da movida madrileña, verdade Nel?

20 comentários:

  1. ¿ Podes explicar en que lle beneficiou a Juan SImon presentarse a unhas eleccions para a sua vida profesionais como médico?

    ResponderEliminar
  2. ¿sabes, que, NOVA ALTERNATIVA, apostou en todo momento por un cambio no goberno con unha coalicion BNG PSOE, para sacar do poder os mesmo que estan dende fai 20 anos?

    ResponderEliminar
  3. Non mestures o labor de Juan Simón como médico ca política, e menos dicindo que o utilizou para mellorar. Ata que o botaron do centro de saúde de Ordes non pararon, e isto págano os seus pacientes.

    ResponderEliminar
  4. http://www.youtube.com/watch?v=AtuKmrBFlQU

    Vendido!
    Le gritan los vecinos
    al alcalde izquierdoso que ha desaparecido
    10 kilos!
    Pesaba la maleta
    hasta arriba de billetes que pusieron en su jeta

    ¿Y tú que harías?
    ¿yo qué haría?
    Seguramente me aprovecharía

    Vine, vi y me vendí

    ResponderEliminar
  5. Ordes?????? sin comentarios, que aprendan de Mesía, aqui sí que botamos fora ós que estaban na poltrona, pensaron que era por siglos de los siglos, chegou Mesía Nova e non lles quedou mais remedio que meter o rabo entre as pernas, sobre todo o da guitarra, o médicucho, Richar, Raulin y compañia....

    ResponderEliminar
  6. Simon foi o mellor medico que tivemos no CONCELLO foi un gran político foi el que creo a Unidade Psicosocial e enfrentouse a MARTINO e rejos . Nunca estivo afiliado ao pp nin a otro partido hasta que fundou Nova Alternativa o seu propio partido e respetou a sua xente ainda que perderá a sua plaza. non coma nel que casou co rejos . Simon si houbera feito coma nel seguro seguía hoxe no centro medico porque daquela ña xunta madaba o PSOE e en ORDES Ester e rejos. Que ganou Simon non por respetar a todos os da sua lista ?

    ResponderEliminar
  7. Algún dos críticos con Simon tedes o cariño que se lle ten a el en ORDES ? Cantas persoas firmaron en su favor pedindolle ao PSOE da xunta que non o trasladasen ? El e unha Persoa impecable e o único que si lle houberamos apoiado maís teria cambeada a política de ORDES. Animo Simon e volve connos por favor. Estés que tanto falan sin da la cara solo para criticar a todos son uns cobardes e non sirven pra nada ou e que o subcomandante vai cambear ORDES ? Que FAi que non se presenta as eleccions? Simon esta xente non te chega nin a sola do zapato. Ti si que vales.

    ResponderEliminar
  8. Eu tamen estou dacordo . Oxala que en ORDES tiveramos moitas persoas coma Simon . Eu son de poulo que lle pregunten aos veciños por Simon. Solo pode fallar mal que non o coñece ou nunca falou con el. Todos sabemos o que el quería para o noso CONCELLO. Siempre dixo algen ten que cambear esto e cando o consiga deixo que pasen outros.

    ResponderEliminar
  9. Que o facia polo seu traballo ? Pero si os medicos teñen o traballo que queren , son os que nunca están paraos e a Simon sobraballe onde traballar de medico. Puta envidia

    ResponderEliminar
  10. Moi boa peza Juan Simón si... O típico médico listillo que se aproveita do seu posto de influencia cos vellos -que por certo, deberían prohibir o de aceptar pagos por consultas médicas- para trepar, e que utiliza a política para gardar a sua praza. Veña ho

    ResponderEliminar
  11. Todos os profesores, médicos, curas, empresarios, etc que están metidos na política aproveitan o seu posto para facer votos entre estudantes, obreiros, xente nova, maiores, vellos....

    ResponderEliminar
  12. Son da Cochikeira e non estou ao tanto das andadas deste tipiño, só sei que o vin o outro día tomando unhas cuncas de viño, algo normal non!!!

    ResponderEliminar
  13. que decepcion: o artigo tan interesante de Nel Astray, e os comentarios sobre Juan Simón, se aprobeitou a acta de concelleiro para traballar como médico: a vista está o resultado.

    por certo: alguen se acorda da frase tan ben pronunciada por certo de NEL : QUEREMOS SACUDIR ALFOMBRAS..???

    O QUE Hai que oir... e tragar.. por non darlle unhas ostias... !!

    fora políticos de pouca monta aproveitados e transfugas!!

    dende aqui, un chamamento popular o NON VOTAR NINGUNHA LISTA QUE INCLUA BELLAS GLORIAS, VIRACHAQUETAS.. QUE SON DE DEREITAS OU ESQUERDAS SEGUN QUENTE O SOL.

    ResponderEliminar
  14. Que ten que ver a ''afamada vida nocturna'' coa labor dun ''político''¿? a min que carallo me importa se o tio e un troulas se a hora da verdade responde como ten que responder (non digo que sexa o caso).Eu creo que a esta xente pagase para que , como e o caso goberne o concello(non tou dicindo que o faga ben) , non porque vaia as dez da noite pa cama ou as dez da maña...

    ResponderEliminar
  15. estou de acordo co ultimo comentario. nada tenn que ver a vida persoal e privada, co cargo público desempeñado. pero.. as veces, tamen hai que predicar co expemplo non crees? este socialista hasta a medula como el se autonombra.. non foi capaz de sentarse cos sindicatos e os traballadores do concello para elaborar un cnvenio sidical. con democratas asi.. mellor que se levante don paco.

    ResponderEliminar
  16. Este tipo vendeu o PSOE e aos de Nova Alternativa que acordaron Non pactar co rejos nin co MARTINO e el os vendeu mentras o medico acatou as decisions do seu grupo ainda que lle houbera beneficiado facelo mesmo que nel e unirse ao PSOE e o rejos. Este tipo e impresentable e o medico ao que tachan de dereitas siempre respetou os acordós e o follaron. e que carallo di algún de ese medico ? Se so tiña mil pacentes e firmaronlle maís de tres mil persoas porque o queren no pobo ? Acaso puseronlle unha pistola a esa xente para firmar? Algo BO tivo que facer para que tanta xente se movilizase no seu apoio non ? A cantas persoas lles pasou eso ? Siempre hai ignorantes ou ratas que falan sin saber.

    ResponderEliminar
  17. Que sea bo de médico non significa que sea bo de político. Agora vai ser de puta madre un tipo que se arrimou a Martino para mandar! Home non me jodas... Ah, e a min si que me parece grave que Nel ande por ahi adiante consumindo o que consume, creo que o deslexitima bastante para gobernar.

    ResponderEliminar
  18. Estou dacordo en que este tipo é un impresentable, pero na sua vida privada que faga o que queira... se despois cumpre... como din por ahí arriba...

    ResponderEliminar
  19. De "privada" pouco ten. A min SI me parece importante que os políticos, xente que fala en nome dos valores da sociedade, e tal e cual, despois ande por aí dando noxo, drogándose, indo de putas, etc... Igual é culpa miña, que vou anticuado e lle dou importancia a esas cousas.

    ResponderEliminar
  20. A verdade, se facemos un repaso pola corporación... que tropa! Dignos valedores dun pueblo que vive dos pubs (vamos, do alcol). Só habia que ver o concelleiro de cultura cheo como unha abróteja polo champiñón. Non se pode dicir porque non, pero... de todos é sabido que hai señores (mais de dous e de tres), que van ca sua corbata e traje todos elejantes aos plenos, pero ben que lle dan á bebida, á farlopa, e ás putas.

    ResponderEliminar