28/05/10

Nova enquisa: "Como se podería solucionar o caciquismo en Ordes?"



Nesta nosa breve marcha polas Terras de Ordes recibimos xa moitas mensaxes de apoio, pedíndonos que denunciásemos inxustizas e de colaboración. Pero tamén algunha que criticaba que só puxésemos o acento na denuncia, e non na crítica construtiva. É evidente que o importante é construir, pero nos pensamos que é imprescindible que existan mecanismos independentes como este, de control, que se especialicen na denuncia.

O Subcomandante non puido estar en Cerceda co Komando Kabuxa




O sábado pasado camaradas da Cochikeira, do Komando Kabuxa, chamáronnos para ir xunto eles ler o manifesto do XVII Festival de Cerceda. Garantíanos o anonimato e non poñerían trabas á nosa clandestinidade, permitíndonos lanzar unha arenga anticaciquil. Por desgraza vimos a súa invitación tarde e non puidemos acompañalos. Aproveitamos agora para agradecerlle en público o seu apoio á causa anticaciquil, e reproducimos o manifesto que leron, no que se fai mención ao Subcomandante Marcos da Portela.

27/05/10

Un millón de euros fundido nun pedido de Cacique 500?



Xa rematou a enquisa na que preguntabamos aos noso lectores e lectoras polo destino do millón de euros que “desapareceu” do Ghaliñeiro. Evidentemente a xente non é parva, e só unha persoa despistada escolleu a opción de “perdeuse el só”. Máis votos tiveron as opcións “Arramplou con el a Pantoja” (opción que hoxe colleu máis forza segundo as últimas noticias) e “Foron os do BNG que o roubaron para botarlle a culpa a Reghos”, con 12 e 19 votos respectivamente. A opción favorita, e polo tanto a gañadora desta enquisa, foi a de “Fundíronos nun pedido de Cacique 500” con 49 votos (o 47% dos emitidos), seguido moi de cerca pola opción “Tenos Reghos agachados no pote”, que conseguíu 44. Este foi o resultado dos 103 votos emitidos.

25/05/10

Quen está detrás de Ordessiete?



O referente da información local de Ordes na rede seguramente sexa o blog Ordessiete, cuxos responsables nos ameazaron “sutilmente”. Pero... Quen está realmente detrás deste blog, supostamente de información imparcial e apartidaria? Ultradereitistas educados nas universidades católicas dos Legionarios de Cristo, aspirantes a líderes do PP galego, sionistas partidarios do xenocidio de Palestina, xefes das Juventudes da Conferencia Episcopal Española e futuros xefes da patronal galega circulan polos postos de mando deste medio de “comunicación” ao que pasamos revista nesta ampla reportaxe.

24/05/10

Regos regálalle unha casa cuartel á Guardia Civil cos cartos do Ghaliñeiro tendo 5 millóns de débedas


Continúa a polémica pola construción do novo cuartel da garda civil en Ordes. Regos ten unha proposta de Convenio co Ministerio de Interior de España para a construción do cuartel da garda civil que obriga ao concello a custear a redacción dos proxectos básicos e de execución e o pagamento das obras da construción. Ademais, tamén lle cede gratuitamente o baixo que actualmente ocupan os que “van de verde” na rúa República Arxentina mentras non se remate o novo cuartel. O Ministerio comprométese a devolverlle ao concello o importe das obras no 2013, pero non o custe da redacción dos proxectos.

20/05/10

Cobran "gastos de preselección" aos aspirantes a traballar no Parque Acuático da Cochikeira




Un lector amigo enviounos información valiosa sobre outro caso de caciquismo rampante na Cochikeira. Este lector cóntanos como a través de Radio Cerceda soubo dun anuncio do Concello de Cercada no que se oferecían dous postos de traballo; alí foi coa súa muller para preguntar polo traballo para porteiro/a ou caixeiro/a do Parque Acuático de Cerceda, e levaron dúas solicitudes para cubrilas na casa.

18/05/10

Regos, Mirás e Liñares copan o podium da enquisa “Quen é o máis cacique da comarca de Ordes?”



Con 140 votos emitidos, a enquisa do Subcomandante Marcos da Portela deu os seguintes resultados á pregunta “Quen é o máis cacique da comarca de Ordes?” (na que estaban todos os alcaldes como candidatos):

16/05/10

O Subcomandante Marcos da Portela recibe as primeiras ameazas



O Boletín Anticaciquil das Terras de Ordes levado polo Subcomandante Marcos da Portela (marcosdaportela.blogspot.com) non leva nen unha semana publicándose, pero xa conseguíu certa popularidade. No Facebook séguennos perto de 500 persoas, e o número de visitas ao blog anda xa polas 2.500. Chegáronnos tamén varias mensaxes pola rede agradecendo a nosa labor informativa e de denuncia, animándonos a continuar, o cal nos produce unha gran satisfacción. Pero chegaron tamén as primeiras ameazas dos poderosos de turno, indicadores inequívocos de que estamos polo bo camiño.

13/05/10

"Movimiento Social Republicano": Un partido nazi en Ordes?


Navegando por outra web ordense chamounos a atención un comentario acerca do "Movimiento Social Republicano" (MSR), partido de ideoloxía nazi en Ordes. Efectivamente, moita xente xa comentara que vira pegatinas deste partido (aparentemente "socialista" e "republicano") por varios puntos da vila, por exemplo nos semáforos do cruce do Nogallás. Así que decidimos investigar un pouco o tema.

12/05/10

Dicionario caciquil: Teodosio Martino



O “Quen é quen?” do ghaliñeiro ordense
TEODOSIO MARTINO. Martino é o gran clásico recente da política ordense. Chegado de terras españolas de Soto de Sajambre (que por certo, cos anos que leva aquí xa podía ter aprendido algo de galego...) para traballar na cámara agraria, os contactos forxados no día a día servíronlle de excelente rede clientelar para cando Concheiro o levou da man en 1987 para gañar as eleccións coa Coalición Progresista Galega. Antonio Concheiro fora o alcalde de Ordes na IIª República, famoso en todo o país por ser monárquico a ultranza, até que a Frente Popular o derrocou. Co franquismo xa instaurado, volvería a ocupar o cargo de xefe do concello, e incluso tería o dubidoso honor de recibir na nosa vila a Juan Carlos I, sucesor de Francisco Franco, e dona Sofía.

10/05/10

Un ex falanxista ao mando de SOGAMA en Cerceda despois de que o seu predecesor fose imputado por delitos medio ambientais


Boas pezas son as que nos gobernan! O vertedoiro da Areosa situado entre os límites municipais de Ordes e Cerceda estase a ampliar, e por iso o problema de SOGAMA volve á primeira plana. Publicamos aquí unhas pequenas biografías delitivas dos lambóns que mandan (e mandaron) en SOGAMA, lucrándose a costa da nosa saúde e da nosa Terra. (Todos os datos foron sacados dos xornais máis famosos e algún alternativo menos coñecido, pero todos consultables na rede).

08/05/10

Regos devólvelle o favor ao seu “padriño” nomeándoo fillo predilecto



Até o momento os “Fillos Predilectos de Ordes” (“fillas” ainda non hai) son o recentemente falecido Juan José Liñares, coreógrafo de fama internacional; o triatleta Iván Raña, un dos mellores deportistas galegos da historia; Ramón Ferreiro “o Praticante”, coñecido en todo o concello pola sua xenerosidade coas clases populares; e o “Soldado Lois”, cuxa morte na Guerra Civil o franquismo instrumentalizou para convertilo en símbolo da vitoria sobre “os roxos”. Desde onte a esta lista súmase Ramón Carro.

"Desaparece" un millón de euros do concello de Ordes



No ghaliñeiro de Ordes descubriuse a existencia de gastos por valor de un millón de euros que non aparecen por ningunha parte nos Orzamentos Municipais aprobados no 2009. Dito de outra maneira, o goberno municipal gastou un millón de euros e non se sabe en que, porque non deron conta de tales gastos.

Moitas pequenas empresas da comarca vense afectadas polos impagos do goberno do ghaliñeiro; as débedas contraídas en pouco máis de un ano chegan ao millón de euros, mais a débeda todal anda polos 4 millóns. No 2009, o ghaliñeiro tivera que pedir xa un crédito por mais de un millón de euros para poder facer frente aos acredores, e este ano a cousa aínda está peor, como denuncia a oposición do BNG e PP. Mentres tanto, veña a organizar paparotas para os 87 concelleiros da comarca, e a Escola Infantil sen pagar!

07/05/10

O pasado venres 200 policías en Ordes non foron capaces de deter á Pantoja por “blanqueo” de 3,5 millóns de euros



Parece que foi Dios. Só cinco dias despois de que a Pantoja viñera afuciñar ao Campo da Feira a fiscalía anticorrupción pídelle tres anos e medio de vacacións no caldeiro por blanquear cartos. Agora se entende que o concello, con unha débeda que pasou de 2 millóns a 4 nun ano, fixera semellante gasto para meter na vila un “dispositivo de seguridade” de máis de 200 persoas entre policías, os do Betis (que do tema do blanqueo tamén che entenden) a protección civil e un posto avanzado de videovixilancia. Normal! Pois había moito delincuente solto por Ordes ese día. E tamén tivo sorte Regos, que con tanto control policial non lle fixeran soplar, porque polo que dixo na radio, parece que ia un pouco “perxudicado” polo que se pode deducir das súas declaracións á radio (escoitar no 3:05: http://www.crtvg.es/rg/acarta.asp?Mdia=5&canal=radio) e do seu espectacular e bambaleante discurso dicindo que "vamos a sair da crise todos xuntos e coa Panorama”.

Dicionario caciquil: Manuel Regos



O “Quen é quen?” do ghaliñeiro ordense


MANUEL REGOS. O actual alcalde foi o alumno aventaxado de Martino que soubo ver de lonxe por onde van os novos tempos: do perfil casposo, autoritario e cutre de Martino, pasou a un neocaciquismo de gomina e aires de demócrata; a “Transición” chegou con el a Ordes. Ex tenente de alcalde de Teodosio Martino, era a súa man dereita. Por palavras de Santiagosiete "El escándalo de los cobros anulados por el Tribunal Superior de Xustiza le salpicó de lleno, y aunque la sentencia no

Un boletín anticaciquil para as terras de Ordes



“O Tio Marcos d´a Portela” volve. É un boletín anticaciquil das terras de Ordes que difundiremos pola rede como lategazos contra os lambóns que nos gobernan. Non está detrás de nós ningún partido nen intereses privados: diremos a verdade dóalle a quen lle doa. Lévanna clara os pobres politiqueiros que busquen aquí louvanzas ás súas cacicadas de “demócratas”! Imos contra os alcaldes ruíns, pois “É a cousa máis condanada que se pode dicir nin pensar: un señor infinitamente malo, burro, larpeiro, inxusto, principio de tódalas nosas desgracias e fin de tódalas nosas facendas”, dicían no tiomarquista “Catecismo do Labrego”, máis tamén contra oposicións que só opositen a lambóns.